Alerta en el Orzán

Unha audioserie baseada na novela homónima escrita por José Luis Ducid, que chega xusto tres anos despois da pandemia que a inspirou.

Entre o realismo e o delirium tremens, narra as desventuras de “un lunático satírico que vive nun ático” durante a pandemia mundial de 2020. Sen dúbida, o fracaso está asegurado.

A novela orixinal

A súa primeira versión, un capítulo diario enviado por WhatsApp durante o confinamento, noqueou ás redes sociais. A demanda do público convertiuna en obra impresa. E agora, esta versión sonora vainos desvacinar ao ritmo do boogie-woogie!

Os Autores

José Luis Ducid (Buenos Aires, 1969) é escritor, actor, director e músico, En 1994 emigra a España, onde publica os libros de poemas “Leche Seleccionada Adicionada de Leche en Polvo Reconstituida Entera Pasteurizada Homogeneizada” (Tris Tram, 1996) e ‘TAN GO-gO Tán’ (Línea de Fuego, 2000). Cursa estudos na Escola de Imaxe e Son de A Coruña, e comeza a dirixir. Experimentou no teatro, estre outras cousas co monólogo “Cómo nacer humano y convertirse en Argentino”, ou o show semanal “Aperitivo Kill”.

Alfonso Camarero (A Coruña, 1972), é tamén un artista multidisciplinar. Con estudos de técnico de son e filosofía, foi infectado polo amor á música e ó cine dende a súa nenez. No seu currículo destacan os seus 18 premios internacionais acadados coma guionista, director, deseñador de son e compositor. 
Agora ten o seu propio estudo de grabación, onde fai produción musical e audiovisual. Podedes atopar máis información profesional sobre él no portal especializado IMDB.